"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
G. Grass
Para
concienciar ao noso alumnado sobre a importancia deste día, cremos que o
máis importante a esta idade é empezar por traballar a igualdade entre sexos como base para o respecto aos demais.
Nestas actividades de fomento de igualdade contamos no centro cun taller
organizado desde o noso Concello no que os alumnos visionaron películas
que os fixeron reflexionar moito, elaboraron un mural e participaron
nunha xincana.
Aquí tedes os vídeos que traballamos para que non se vos esquezan. O
primeiro sobre a violencia de xénero e a autoestima e o segundo sobre a
igualdade.
Para conmemorar o Día de Santa Cecilia,
patroa dos músicos, imos a celebrar no colexio un concerto didáctico
sobre o acordeón; para o que contaremos coa presenza da acordeonista Andrea Grande Rodríguez
que conta cunha larga traxectoría neste instumento participando en
certames nacionais e internacionais, na gravación de varios discos e
gañadora do 1º Premio do XXXVII Certame Nacional de Acordeón.
Ela
foi a encargada de explicarlle aos nenos e nenas todo o referido a este
instrumento: historia, funcionamento, partes principais... e de
respostar as preguntas que os nenos e nenas lle fixeron.
Despois foi o momento de que o alumnado puidera tocar este instrumento... haberá entre eles algún futuro acordeonista?
E mentres uns tocaban, outros coloreaban uns acordeóns que quedaron moi fermosos
Aquí vos deixamos un vídeo resumen deste concerto para que poidades disfrutar tanto coma nós
Para ver todas as imaxes deste concerto preme aquí: GALERÍA DE IMAXES
A
continuación podes encontrar moita información sobre o acordeón. Cando
creas que sabes o necesario fai click no seguinte enlace para que
poidas realizar un test on-line. Serás quen de superalo?
O ACORDEÓN
O acordeón é un instrumento de vento formado por fol, teclado, baixos e dúas caixas armónicas de madeira.
A historia do acordeón é curta pero rápida e intensa, quen rexistrou este instrumento como acordión en 1829,
foi un austríaco; pero parece que o primeiro que inventou un
instrumento como este foi o emperador chinés Nyu-Kwa, 3000 anos antes de
Cristo; ou sexa, fai uns 5000 anos.
PARTES PRINCIPAIS:
-Fol: é a parte máis característica do acordeón; con él movemos o aire e regulamos a intensidade do son.
O fol está protexido por cantoneiras metálicas e bandas de protección para protexer as unións e evitar que haxa fugas de aire.
-Teclado:tócase coa man dereita e é similar ao teclado dun piano; o único que varía é o número de teclas.
As teclas comunícanse respectivamente con palancas que moven unhas
tapas de madeira. Ao presionar unha tecla, a tapa de madeira ábrese e
deixa pasar o aire producindo o son desexado.
Hay acordeóns chamados de botóns porque en vez de teclas teñen botóns para producir o son.
-Baixos:
é o conxunto de botóns que se tocan coa mano esquerda. Os acordeóns
poden ter 12, 48, 72, 80 o 120 baixos. Serven para dar acordes e
acompañar a melodía.
O botón que ocupa a posición central é o Do, é fácil de recoñecer por ser un poco distinto aos outros.
-Voces:Unha
característica esencial de todo acordeón é o número de voces. Cada
tecla ou botón pode facer vibrar máis dunha lingüeta de metal ao UNÍSONO
producindo un acorde. O acordeón terá un número de voces concreto para o
teclado (chamadas voces cantables) e outro número de voces para os
baixos.
-Rexistros: serven para activar ou desactivar as voces de
xeito que o músico pode tocar con só unha voz, con dúas, con todas, ou
facer combinacións entre elas para obter sons distintos.
Os rexistros levan uns puntos que indican qué voces activan:
Un rexistro que active tres voces sería semellantes a:
Un rexistro que active dúas voces, a central e a aguda:
Chega novembroe con el chega tamén a celebración de Samaínou Halloween.
Este ano para conmemorar esta data, convocamos dous certames diferentes. Por unha banda un certame de cabazas ou outros obxectos terroríficos para todo o alumnado; e por outra banda, un certame de narración de historias de terror sobre o sonigramaproposto pola TVG e recollido no centro polo Equipo de Biblioteca.
Como podedes imaxinar, o certame de cabazas foi moi participativo e había cabazas que daban moitísimo medo.
Ao carón da nosa exposición, non podían faltar os libros; libros da nosa biblioteca que contan historias de terror, pantasmas, bruxas, morcegos, misterio... a que esperas para atreverte a ler un?
O certame de narración tamén contou con moita participación e tivo como resultado unhas historias terroríficas. Nos seguintes vídeos podedes escoitar algunhas das historias gañadoras:
No colexio tamén apareceron, saídos de oscuras e terroríficas covas uns morcegos xigantes dispostos a cantarnos unha canción. Foi unha actuación espectacular dos alumnos de Infantil, de Primeiro e de Segundo.
Xa pola tarde, contamos no centro coa presenza de Teresa Grau, unha narradora que nos agasallou con contos e historias sobre o medo. Ao alumnado gustáronlle moito as historias aínda que cando os de Infantil marcharon para a súa aula e só quedaban na biblioteca os maiores de Primaria; as historias voltáronse máis e máis terroríficas...
Se queredes ver todas as imaxes deste día: os narradores, as narradoras, os nenos e nenas coas súas cabazas, máis imaxes do contacontos e as fotos dos premiados no certame...só tedes que premer no seguinte enlace.
O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.
Este ano para conmemoralo fixemos co noso alumnado un xogo de probas nos que tiñan que superar varias probas bibliotecarias segundo a súa idade (podedes ver estes retos no documento adxunto). Mirade que concentrados estaban traballando:
Ademais os nenos e nenas fixeron de autorespor un día "escribindo" un libro que pasou a formar parte da estantería do noso mural.
Tamén tivemos tempo para contarlle aos nenos de Educación Infantil o conto "A Lúa e o Sol" cunha ensinanza moi interesante: NON se poden contar mentiras
Se queredes ver todas as imaxes desta celebración podedes facelo no seguinte enlace:
No punto de interese poderedes encontrar os fondos da biblioteca relacionados co tema que estemos a tratar. Xa tedes a vosa disposición os libros de outono.