jueves, 31 de marzo de 2016

ENCONTRO CON DANI VIÉITEZ E IRIA IGLESIAS

    "O raposo Rufo é un raposo moi peculiar que vive na fraga rodeado de amigos cos que vive moitas aventuras"
    Os seus creadores son Dani Viéitez e Iria Iglesias que hoxe viñeron á biblioteca para conmemorar con nós o Día do Libro Infantil e contarlles aos nosos nenos e nenas o proceso de creación de Rufo e o resto dos seus amigos: o gato Valentín, o caracol Manolo, a coelliña Lili... e como estas historias se transforman de ideas a libros: texto, bocetos, ilustracións....

   Ademais de como crean as súas propias historias, Daniel e Iria contáronnos tamén como se lle poñen imaxes ás verbas doutros autores. Neste caso, mostráronnos os bocetos e as ilustracións que fixeron para o libro Galicia, nosa ledicia  de Xosé Neira Vilas
 

   Tamén nos propuxeron unha actividade práctica moi divertida: debuxar unha historia inventada polo alumnado nese momento. O protagonista desta historia acabou sendo un porco piloto moi gracioso:






   Para rematar o encontro, nada mellor que unha morea de autógrafos e unhas verbas adicadas á nosa biblioteca


    E para vos animedes a ler, aquí deixamos as portadas dos contos publicados de O Raposo Rufo, esperando impacientes a chegada de novas aventuras.
https://www.youtube.com/watch?v=iHu4_XAnISA

https://www.youtube.com/watch?v=pXfAyCGGCr8
https://www.youtube.com/watch?v=42RJ_M2XaNU

martes, 29 de marzo de 2016

ENCONTRO CON XOSÉ LOIS GARCÍA

    Hoxe tivemos na biblioteca do centro un encontro co autor chantadino Xosé Lois García.

    Alfonso Campos foi o encargado de presentarnos a Xosé Lois, amigo de Manuel María. Da súa man, o noso alumnado puido averiguar moitas curiosidades e anécdotas sobre a vida do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas; ofrecéndolles así aos nenos e nenas unha visión moi cercana e personal da súa figura e da súa relación con Sober.


    Ademais tivemos o pracer de que este autor xogara cos máis cativos ás adiviñas; adiviñas do seu libro animalario que aos nenos lles encantaron.

    Tamén contamos coa presenza do alcalde no noso Concello Luis Fernández Guitián que lles fixo entrega a todos os alumnos e alumnas do libro infantil de Manuel María O bigote de Mimí e á bibliteca e aos profes do libro Manuel María reencontrado do autor que hoxe nos visitou.


   Para rematar este encontro, o autor adicounos unhas verbas no seu libro e tamén no libro da nosa biblioteca






viernes, 18 de marzo de 2016

DÍA DA ÁRBORE TAMÉN CON LIBROS


    Hoxe celebramos no colexio o Día da árbore sumándonos ás actividades propostas na V Semana da Árbore e da Auga organizada pola Deputación Provincial de Lugo.

    Esta actividade consta de dúas partes. 

   A primeira parte era a plantación dun castiñeiro; esta plantación tivémola que facer de modo simbólico e provisonal nun testo no corredor do centro xa que non parou de chover en toda a mañá impedindo que a plantación fose ao aire libre. Á volta de vacacións transplantarémola ao seu lugar definitivo.




    A segunda parte de actividade consiste na entrega dun libro a todo o alumnado do centro. Para o alumnado de Infantil o libro é "Érase unha vez un  castiñeiro" e para o alumnado de Primaira "O castiñeiro dos desexos" elaborados polo escritor e xornalista Xosé Antonio Perozo




martes, 15 de marzo de 2016

ENTREGA DE PREMIOS DO II CERTAME DE DEBUXO DA FEIRA DO VIÑO DE SOBER

    Hoxe entregouse o premio ao debuxo gañador do II Certame de Debuxo da Feira do Viño de Sober correspondente a súa XXXVI Edición.

   Os nenos participantes do noso centro e do Colexio Ferroviario asistiron ao acto de entrega na Casa da Cuñltura de Sober onde tiveron que esperar ata o propio acto para coñecer o debuxo escollido entre todos os que alí se expuxeron

   Finalmente a gañadora foi Uxía Trail Bates e o seu debuxo xa loce nas chapas que se entragarán os días da feira en Sober.


   Para o resto dos participantes tamén houbo premios: un merecido diploma, a chapa co debuxo de Uxía e unha caixa de lápices de cores para seguir desenvolvendo a súa creatividade.



   No seguinte vídeo podedes ver o momento da entrega do premio:

jueves, 10 de marzo de 2016

MARÍA CASTAÑA. PUBLICACIÓN DO LIBRO

    O ano pasado, o noso alumnado e o alumnado do resto de centros escolares da comarca de Lemos; fixo un traballo de ilustración do texto do conto María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo.

   Este ano, a través dunha subvención xestionada polo CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos; o conto foi publicado e entregado aos centros escolares. A esta entrega acudiron os nenos e nenas de 5º e 6º, sendo o delegado da clase o encargado de recoller os exemplares que nos correspondían:

  


   Esta viaxe, tamén foi un momento de reencontrarse co profesor de Educación Física que se xubilou este curso e que era o titor dos alumnos e alumnas que agora están en 6º.


    Xa no colexio fixémoslle entrega dun exemplar do conto aos ilustradores do debuxo que este ano cursan 1º de ESO para que lles quede un recordo da ilustración que fixeron correspondente ao seguinte texto:

"Cando chegaron a Lugo, María Castaña quedou abraiada. Nunca vira nada igual, a muralla romana, a catedral, o pazo do bispo a carón dela, casas grandes de pedra que pertencían á nobreza e outras casas máis pequenas que pertencían aos artesáns e comerciantes."


No seguinte enlace podedes ver e desfrutar o libro - conto narrado pola xornalista Manola Porto: