Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de abril de 2026

AMPADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES POLO DÍA DO LIBRO

   Cada ano polo Día do Libro realizamos unha actividade que lle gusta moito ao noso alumnado: os apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Como este curso o Día do Libro coincidiu case ao voltar das vacacións, trasladámola un par de días para que os biblioaxudantes puideran preparar as lecturas escollidas.

    O alumnado biblioaxudante organizouse en cinco grupos que se repartiron polo colexio con candanseu libro para lerlles ao resto do alumnado que, tamén dividido en 5 grupos, foi percorrendo a senda dos libros:

  Na biblioteca Valeria, Saúl e Xiana contaban o libro Paco y el rock escrito por Magali Le Huche con animación musical incluída.


    No corredor principal Laura e Manuel V. esperaban co libro O xardín de Irene de Xosé Neira Vilas para recitar varios dos poemas do libro pero tamén algúns escritos por eles mesmos.

   Continuamos no Salón de Actos con Carla M. e Noa e o libro O libro grande dos números pequenos  escrito por Berta Dávila; unha lectura acompañada dun xogo que elas tiñan preparado.

  No patio do colexio Leonor, Xoán e Carla R. tiñan preparada a lectura do libro Violeta ás agachadas  de Ramón D. Veiga, tamén con algunha sorpresiña.

    Rematamos o percorrido no patio do colexio onde Ainhoa, Silvia e Manuel L. tiñan preparado un teatrillo para compartir o libro Astropal. Un comenta con corazón escrito por Julio José Fernández.


Podedes ver todas as imaxes desta conmemoración na 

GALERÍA  DE  IMAXES

MOITAS  GRAZAS  AOS  BIBLIOAXUDANTES  POR  ESTAS  LECTURAS!!

FELIZ  DÍA  DO  LIBRO!!

(En breve estarán dispoñibles os podcast de Radiuvín! 

Estade atentos!) 

 

martes, 21 de abril de 2026

ANIMACIÓN Á LECTURA: EREA MORA

     Hoxe comezamos as actividades do Día do libro cunha sesión de animación á lectura con Erea Mora, a través da editorial Vicens Vives.

    Nesta sesión coñecemos a unha bolboreta que tiña un problema: As súas ás eran brancas!!

    Para solucionalo busca axuda noutros animais do bosque como o coello que lle presta unha cenoria para a cor laranxa, a rá que a embarra para dárlle cor marrón e o raposo que lle regala amorodos para a cor rosa.

 

      Tamén aparecerá un anano que remata de pintarlle as ás a bolboreta para que sexan unhas ás marabillosas!!

    Pero... neste  conto tamén hai unha bruxa que non é tan boa e que lle borrou todas as cores deixándo as ás brancas outra vez.

    Menos mal que volveu anano para arranxalas e finalmente bolboreta pode ter unhas ás preciosas cheas de mil cores!!

 
 

lunes, 20 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO: O xardín dos libros

    No noso colexio os libros nuncan deixan de contar historias... ata cando parece que a vida dos libros chega ao final e temos que expurgalos, atopamos que facer para dárlle unha nova vida. Nesta ocasión utilizamos a idea de Elenhomestyle para transformalos en algo completamente novo: pequenos  libros - xarrón  cheos de cor e creatividade.

 

    Os nenos e nenas interviron as páxinas dos libros recortando, dobrando e dándolle forma ata convertelos en orixinais soportes a modo de xarrón.

   Despois pégamoslles ás flores e aos insectos que estiveran coloreando uns pauciños como se foran os seus talos e adornamos con eles os xarróns.

   Para rematar colocamos todos eses libros no corredor principal do colexio onde quedan moi fermosos e lle dan vida ao noso  “Xardín dos libros” que non é só unha actividade artística e creativa, senón tamén unha forma de reflexionar sobre a importancia de reutilizar, coidar e reinventar os materiais que nos rodean.




viernes, 25 de abril de 2025

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES POLO DÍA DO LIBRO

   Cada ano polo Día do Libro realizamos unha actividade que lle gusta moito ao noso alumnado: os apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Como este curso o Día do Libro coincidiu case ao voltar das vacacións, trasladámola un par de días para que os biblioaxudantes puideran preparar as lecturas escollidas.

    O alumnado biblioaxudante organizouse en cinco grupos que se repartiron polo colexio con candanseu libro para lerlles ao resto do alumnado que, tamén dividido en 5 grupos, foi percorrendo a senda dos libros:

  Na biblioteca Candela, Carla e Manuel contaban o libro Dona Carme que ten un sono tan pesado que nin todos os animais da granxa conseguían que espertara. Un conto de tradición oral pasado ao papel por Manuel Bragado.

 


   No corredor principal Lara, Martín e Noa esperaban co libro Queres xogar comigo? de Eric Carle no que un ratiño sae da súa casa á busca de alguén con quen xogar... atopará algún amigo?


    Continuamos no Salón de Actos con Daniela, Pablo e Xoán e o libro Quen dixo medo? escrito por Ana Sánchez Garea. Un álbum ilustrado no que a súa protagonista, que ten medo á escuridade, descobre co seu pai a maxia da escuridade e as cousas boas que poden pasar cando non hai luz.
 

 
    No patio do colexio Ada, Laura e Itzae esperaban co libro ¿Qué hacen los mayores durante el día? de Dawid Ryski para falarnos dos distintos traballos que realizan os adultos pero... ¿que fan exactamente? Os biblioaxudantes deste grupo sácannos de dúbidas.
 
 
 
    Rematamos o percorrido no ximnasio do colexio onde Antía, Saúl e Nayara tiñan preparadas varias actividades do libro Con calma. 50 historias de la naturaleza escrito por Rachel Williams e as cartas da mesma serie: Con calma. 30 actividades mindfulness de Emily Sharrat: debuxo e ioga foron os protagonistas desta actividade.
 


Podedes ver todas as imaxes desta conmemoración na 

GALERÍA  DE  IMAXES

  

MOITAS  GRAZAS  AOS  BIBLIOAXUDANTES  POR  ESTAS  LECTURAS!!

FELIZ  DÍA  DO  LIBRO!!