"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
G. Grass
Como xa publicamos nunha entrada anterior, as bibliotecas do Colectivo Lemos Le quixemos dedicar este día á escritora soberina Moncha Prieto autora do libroAlma de barro. Relatos da Ribeira Sacra.
Na seguinte presentación, poden consultarse as diferentes actividades que fixemos nas diferentes bibliotecas sobre a súa vida e a súa obra.
O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto a outras asociacións para reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.
Desde o Colectivo LemosLe formado polas bibliotecas escolares e municipais da comarca, quixemos dedicar este día á escritora soberina Moncha Prieto autora do libroAlma de barro. Relatos da Ribeira Sacra facendo diferentes actividades nas diferentes bibliotecas que o compoñen
Na nosa biblioteca o que fixemos foi invitala á Radiuvín para facerlle unha entrevista con preguntas nosas pero tamén curiosidades de nenos e nenas doutros centros educativos. Se queredes saber moitas cousas sobre ela e a súa obra podedes facelo escoitando o seguinte podcast.
Despois fixémoslle un pequeno agasallo para agradecerlle esta entrevista tan bonita.
Para conmemorar o Día das Escritoras, as bibliotecas que formamos o colectivo decidimos dedicar este día á escritora da nosa comarca María Olga Novo Presas (Vilarmao, 1975) pola súa importante traxectoria literaria.
Este ano a comisaria da conmemoración é a poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños e o tema escollido "ler as idades da vida", por isto as diferentes bibliotecas afondamos no seu texto O pequeno petrucio e a naiciña nena no que comparte lembranzas da infancia.
Cada biblioteca traballou o texto durante varios días desde perspectivas diferentes: lectura, tradución, ilustración, investigación...
Nós fixemos un traballo de reflexión e investigación sobre os xoguetes da infancia: a que xogaban os meus avós e as miñas avoas? E o meu pai e a miña nai? Cal era o meu xoguete preferido cando era cativo? Cal é agora?
Podedes ver o resultado do noso traballo e o de todas as outras bibliotecas a continuación.
Hoxe19 de outubro, conmemoramos no colexio o Día das Escritoras que é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas coa intención dereivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Co lema"O esforzo cotián das mulleres" desde a biblioteca do colexio en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal quixemos dedicarlle este día á escritora galega YOLANDA CASTAÑO ilustrando e recitando algúns poemas do seu libro Verdedades (Ed. Biblos).
No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo da súa biografía, o traballo que realizaron os nosos alumnos e alumnas cos seus poemas e tamén unha sorpresa final...
Outro dos libros que traballamos foi Punver(Ed. Galaxia), un libro no que a autora conta as aventuras dun pequeno punki vermiño que non ten mal corazón pero é un desastriño. (Música: Frogs Legs Rag by Kevin MacLeod - licencia Creative commons- Efectos sonoros: recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/)
Para coñecer a historia de Punver podedes escoitar o seguinte podcast no que Dunia e Julia narran as aventuras do vermiño nunha emisión de Lecturradio, o programa para escoitar lecturas na nosa radio.
Para completar esta conmemoración tamén queremos compartir con vós unha escolma de textos de escritoras galegas feita pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, na que poderedes encontrar textos das autoras nomeadas no vídeo: RECOMPLILACIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS.
E antes de rematar esta data, queremos darlle MOITÍSIMAS GRAZAS A YOLANDA CASTAÑO POLO CARIÑO CO QUE RECIBIU A NOSA PROPOSTA E POLO SEU VÍDEO QUE TANTA ILUSIÓN LLE FIXO AO NOSO ALUMNADO: