miércoles, 30 de octubre de 2024

VISITA AO PLANETARIO IES A PINGUELA

    O alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo de visita no  Planetario Matías Vázquez do IES A Pinguela como actividade final dun proxecto de astronomía que estiveron facendo.


   A mestra de matemáticas María Ángeles López foi a encargada de ensinarlle aos nosos alumnos os secretos que se agochan no ceo .




    Moitas grazas ao IES A Pinguela e María Ángeles por esta actividade tan interesante que nos permitirá entender mellor o firmamento cando miremos ao ceo polas noites!


SAMAÍN 2024

Para celebrar Halloween e Samaín no colexio e na biblioteca fixemos un montón de actividades.

    Comezamos decorando o colexio con creacións artísticas terroríficas e cunha exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos.


Tamén no corredor principal, houbo unha exposición de libros dedicada a lecturas de medo.


  Outra actividade que fixemos e que lles gusta moito é o certame de creación literaria no que lle demos ao alumnado o principio dun libro para que reinventara a historia; este ano os libros escollidos foron Morto de fame de El Hematocrítico e As probas do Mago de Vanessa Santiago.

     Nestas imaxes podedes ver aos participantes no certame e aos gañadores que nos leron os seus relatos na biblioteca. Se vós tamén queredes escoitar os relatos gañadores podedes facelo nos seguintes podcast.





 

  Para rematar, tivemos unha festa no patio do colexio onde o pasamos xenial!!




SAÚDOS  TERRORÍFICOS  FAMILIAS!!!

GALERÍA  DE  IMAXES


martes, 29 de octubre de 2024

ANIMACIÓN Á LECTURA CON SABELA GAGO

   Hoxe todo o alumnado do colexio asistiu na biblioteca a unha sesión de animación á lectura coa actriz Sabela Gago da man da editorial Vicens Vives.


   Foi unha actividade moi divertida e participativa na que as crianzas do colexio souberon das aventuras das pantasmas Felipe e Felipa que buscaban un lugar no que vivir.

Atoparían un castelo adecuado para eles? 

Podedes ver máis imaxes na GALERÍA  DE  IMAXES.

sábado, 26 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS - COLECTIVO LEMOS LE

   Como cada ano, o Colectivo Lemos Le do que forma parte a nosa biblioteca, organiza unha xuntanza de confraternidade  para fomentar o papel das bibliotecas escolares e municipais.

   Esta décima xuntanza celebrouse no concello de A Pobra do Brollón xa que o Colectivo dedicará este curso á tradición oral (elixida como protagonista do Día das Letras Galegas 2025), concretamente ás regueifas e aos brindos que son tradicionais deste Concello.


    Compartimos este xantar persoas de diferentes sectores relacionados co mundo da cultura e as bibliotecas: mestres, bibliotecarios, librarías, editores, autores, responsables políticos... nunha xuntanza da que sempre saen boas ideas para seguir fomentando a lectura.


   Como en anteriores edicións, editouse un marcapáxinas para conmemorar o Día das Bibliotecas que este ano o foi escrito polo Colectivo Erre que Erre que é unha plataforma que se dedica a recoller, ensinar e transmitir á tradición oral do Concello da Pobra do Brollón.

  Ademais puidemos coñecer o seu traballo de primeira man e decatarnos da importancia que ten o labor que están facendo para que non se esqueza toda a riqueza oral que teñen nese concello.


FELIZ  DÍA  DAS  BIBLIOTECAS!!

viernes, 25 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

    Desde 1997, o día 24 de outubro, conmemórase o Día das Bibliotecas co "obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao traballo dos bibliotecarios/as".


    Nós aproveitamos esta conmemoración para inaugurar o curso na biblioteca do cole facendo diferentes actividades. O primeiro que estivemos facendo foi formación de usuarios para lembrar as normas da biblioteca, a CDU, as etiquetas dos libros... 

   Pero, sobre todo, estivemos facendo fincapé na organización da biblioteca xa que, coa axuda dos biblioaxudantes, estivemos facendo cambios na distribución dos andeis.




    Ademais da formación de usuarios tamén entregamos os premios aos participantes no reto lector do verán do curso 2024:



   Para rematar esta conmemoración todo o alumnado recibiu o marcapáxinas conmemorativo deste día escrito polo colectivo Erre que Erre como texto agasallo para o Colectivo Lemos Le que este ano dedicará o traballo do curso á proposta para o Día das Letras Galegas: á tradición oral; concretándoa nos brindos de A Pobra do Brollón.
 
 
FELIZ  DÍA  DAS  BIBLIOTECAS!!

CLUB DE LECTURA (1/2024-2025)

 COMEZA  O  CLUB  DE  LECTURA!!

  Hoxe temos a primeira sesión do club de lectura deste curso ao que se apuntaron todos os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria!!

   Nesta primeira xuntanza, os membros do club cubriron unha enquisa inicial para coñecer mellor que esperan do club e das reunións e os seus gustos e hábitos lectores.



   Rematamos repartindo o primeiro libro de lectura deste ano: O misterio dos bailaríns. Penca de prata escrito por Arthur Conan Doyle.

BOAS  LECTURAS!!