domingo, 20 de junio de 2021

HEROES DE PRIMAVERA

   Fai algúns días, unha nai de dous rapaces do cole agasallounos con varios exemplares do libro Héroes de primavera de Patricia Sanmigel Couso; unha autora compostelana con familia en Sober.

 

    Neste libro, narra a experiencia do confinamento e da volta ás aulas dos nenos e nenas desde o seu punto de vista dándolle a importancia que merecen despois de afrontar tantos meses e tantos cambios sen queixarse prácticamente de nada; COMO VERDADEIROS HEROES!


    Ademais o libro está ilustrado polos alumnado de 2º de Primaria do CEIP Quiroga Palacios de Santiago, compañeiros dunha das súas fillas.

  Nós tivemos a sorte de poder facerlle unha entrevista para que resolvese todas as curiosidades que lle xurdiu ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do colexio: por que os nenos e nenas da historia non teñen nome propio? de onde vén o título Heroes de Primavera? como se lle ocurriu a idea de escribir este libro?

  Para saber a resposta a todas estas preguntas, podedes escoitar o podcast coa entrevista que Carlota, Diego, Germán, Cristian e Javier lle fixeron a Patricia.


MOITAS  GRAZAS, PATRICIA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario