Durante a derradeira avaliación na área de Valores Sociais e Cívicos o alumnado de 4º de Educación Primaria estivo a traballar o autoconcepto.
Ademais, tamén aprendemos a recoñecer as nosas fortalezas e debilidades, para así mellorar as relacións interpersoais tan importantes para acadar unha aprendizaxe integral.
Como fío condutor de toda esta aprendizaxe empregamos o conto infantil "Zana y Dante, la zanahoria y el guisante" de Morag Hood. Mediante el, coñecemos e identificamos o valor da amizade e a importancia da tolerancia e o respecto das diferencias.
Finalizamos este proxecto coa representación do conto na mesa de luz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario