O día 3 de decembro alumnado de 1º e 2º de Primaria do C.E.I.P. A Gándara, estivo de excursión na nosa comarca coñecendo a olería de Gundivós e a Escola de Hostalería de Rosende. Aproveitando esta visita; organizouse unha xornada de convivencia entre os dous colexios.
Nesta xornada os nenos e nenas de ambos centros puideron disfrutar de moitas actividades xuntos.
Á
hora de comer, foi o momento de coñecernos e do xogo libre no pavillón
que xa facía tempo que non estaba tan cheo de rapaces e rapazas.
Tamén foi un momento de reencontro con amigas, alumnas e ex-alumnas do centro:
Despois o alumnado de A Gándara puido coñecer a nosa biblioteca, onde os biblioaxudantes faláronlles de todas as actividades que facemos nela, presentáronlle a Lectuvín e intercambiaron agasallos: os nenos e nenas de A Gándara agasalláronnos cun libro feito por eles no que cada un fixo unha páxina cun debuxo e unha pequena redación e eles levaron para a súa biblioteca dous exemplares do libro Os bolechas en Sober doados polo Concello e uns marcapáxinas conmemorativos deste día.
Para rematar a xuntanza, contamos coa presenza da Contadora de Contos Teresa Grau que nos adicou unha sesión de temática navideña que aos nenos e nenas lles encantou.
ATA A PRÓXIMA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario