miércoles, 19 de noviembre de 2014

HALLOWEEN / SAMAÍN

 Chega novembro e con el chega tamén a celebración de Samaín ou Halloween.
    Este ano para conmemorar esta data, convocamos dous certames diferentes. Por unha banda un certame de cabazas ou outros obxectos terroríficos para todo o alumnado; e por outra banda, un certame de narración de historias de terror sobre o sonigramaproposto pola TVG e recollido no centro polo Equipo de Biblioteca.
   Como podedes imaxinar, o certame de cabazas foi moi participativo e había cabazas que daban moitísimo medo.

   Ao carón da nosa exposición, non podían faltar os libros; libros da nosa biblioteca que contan historias de terror, pantasmas, bruxas, morcegos, misterio... a que esperas para atreverte a ler un?
    O certame de narración tamén contou con moita participación e tivo como resultado unhas historias terroríficas. Nos seguintes vídeos podedes escoitar algunhas das historias gañadoras:
  
   
    No colexio tamén apareceron, saídos de oscuras e terroríficas covas uns morcegos xigantes dispostos a cantarnos unha canción. Foi unha actuación espectacular dos alumnos de Infantil, de Primeiro e de Segundo.
    Xa pola tarde, contamos no centro coa presenza de Teresa Grau, unha narradora que nos agasallou con contos e historias sobre o medo. Ao alumnado gustáronlle moito as historias aínda que cando os de Infantil marcharon para a súa aula e só quedaban na biblioteca os maiores de Primaria; as historias voltáronse máis e máis terroríficas...
  
   Se queredes ver todas as imaxes deste día: os narradores, as narradoras, os nenos e nenas coas súas cabazas, máis imaxes do contacontos e as fotos dos premiados no certame...só tedes que premer no seguinte enlace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario