Hoxe é o Día Munidal da Radio!!!
Desde Radiuvín participamos no proxecto de Rede Espora: As novas que queremos, un proxecto común con outros centros do proxecto Radio na biblio que consistía en facer un noticieiro positivo dándolle a volta a noticias negativas relacionadas con conflitos bélicos e outras desgracias; concretamente a nosa noticia, na voz de Aitana Rodríguez, consistía en darlle a volta a unha noticia sobre a fame e a sequía en Etiopía.
Este proxecto no que se conectan Biblioteca, radio, diálogo, paz e tolerancia ten calado e difusión mundial a través da páxina da Unesco. Podedes acceder ao evento para o noso centro desde aquí.
Radio Coviña do CEIP de Covas en Meaño,
A Voz de Arnaldo do CEIP de Seixo en Marín,
Radio Laretas do CEIP P. Ricardo Tobío en Muros,
Radiuvín do CEIP P. Virxe do Carme de Sober,
Radio Estrela do CEIP Enrique Barreiro Piñeiro de Vilariño,
Radio Seara do CEIP Seara en Moaña,
Rabu Radio do CRA de Meis,
IES Lucus Augusti de Lugo,
Radio Chancelas do CEIPP Chancelas,
Radio Rosiña do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos,
A voz da Mata do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal,
Radio Faladoiro do CEIPP Torre de Cela en Bueu,
Radio Balea do CEIP Milladoiro en Malpica,
Radio Guímaro do CEIP da Pobra do Brollón,
Caracola Radio do CEIPP San Benito de Lérez en Pontevedra e
Radio Escolar Mosteiro Meis do CPI de Mosteiro-Meis.
MOITAS GRAZAS A REDE ESPORA POLA ORGANIZACIÓN DESTE NOTICIEIRO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario