Hoxe queremos presentarvos un novo xogo para repasar cos escornabots as palabras homófonas:
Podedes xogar dúas personas ou dos equipos. Para comezar un
xogador do primeiro grupo, escolle unha tarxeta de palabras
homófonas que estarán boca abaixo. Despois de recoñecer a súa palabra correspondente no
taboleiro, deberá facer avanzar o escornabot ata ela.
A
continuación o equipo construirá unha oración con cada unha das
palabras que forma a parella homófona. Se as oracións son correctas
e as palabras están ben empregadas, o equipo gañará un
escornapunto.
O
xogo acabarase cando se acaben as tarxetas de palabras homófonas e gañará
o equipo que acade máis escornapuntos.
Animádevos a ver que tal o facedes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario