A través dos Servicios Sociais do Concello de Sober, tivemos unha actividade da FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral Adquirido) enmarcada dentro da campaña de sensibilización e información sobre esta discapacidade que afecta a unhas 35.000 persoas en Galicia.
As consecuencias deste dano cerebral adquirido poden afectar a actividades básicas como asearse, vestirse, controlar esfínteres ou desprazamentos, comer... ou a actividades instrumentais como facer a compra, usar o transporte público, traballar...
Para que xs nenxs tomasen conciencia sobre estes aspectos tamén realizaron actividades prácticas que lles axudaron a comprender o alcance destas limitacións:
intentar atar os cordóns ou desvestirse cunha soa man
utilizar diferentes aparatos de apoio para a limitación física de desprazamento
camiñar sen ver, guiados por un compañeiro/a
Despois desta charla quedounos moi ben aprendida a importancia de coidar do noso cerebro así que xa sabedes: ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA, DEPORTE E DESCANSO SUFICIENTE!!
Podedes ver máis imaxes desta actividade na
No hay comentarios:
Publicar un comentario