miércoles, 16 de noviembre de 2022

CIENCIA EN MOVEMENTO

   A través da modalidade CP INNOVA dos Contratos programa achegáronse á nosa biblioteca un científico e unha científica de Ciencia en Movemento para realizar un obradoiro de NATUREZA para todo o colexio no que falamos de ciencia, experimentos e natureza.

   De maneira moi amena e divertida o alumnado puido facer os seguintes experimentos:

 - O paxaro equilibrista: un paxaro que só suxeitaba polo piquiño e por máis que o moveras nunca caía.

- Panal de abellas: comparamos a superficie do hexágono e a do cadrado e descubrimos de forma práctica o motivo polo que as abellas utilizan celas hexagonais para os seus panais.

 
 
- Pompas de xabón: e falando de formas xeométricas... por que as pompas de xabón son redondas se o burato polo que saen é un óvalo? Cantas formas redondas hai na natureza?
 
- O pau da verdade: serviunos para saber que materiais conducen electricidade. Dúas persoas suxeitaban o pau cada unha por seu lado e despois cerraban o circuíto tocándose, facendo un corro, tocando madeira, plástico ou metal, metendo as mans en auga... se o pau se encendía entón eran condutores de electricidade e se non se acendía, non o eran.


- Flores que se abren na auga: con este experimento puidemos comprobar que as fibras do papel absorben a auga e ao mollarse enderézanse e abren (capilaridade)

 
- Fractais de cores: un fractal é un obxecto no que se repite un patrón a diferentes escalas, como as pólas das árbores que se van multipiclando, as plumas dun pavo real, o sistema circulatorio... O noso alumnado puido elaborar fractais con leite, colorante e xabón.

  Podedes ver todas as imaxes dos experimentos no seguinte enlace:
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario