viernes, 18 de noviembre de 2022

VISITA DO ALUMNADO DO GRAO DE EDUCACIÓN INFANTIL

   O alumnado de 1º curso do Grao de Educación Infantil da Facultade de Ourense acompañado pola súa mestra Almu Alonso, veu a pasar un día de visita ao noso centro para coñecer a realidade dun colexio coma o noso.

   Repartidos en 5 grupos xs universitarixs foron pasando por diferentes puntos do noso colexio onde xs biblioaxudantes de 6º e varias mestras lles foron explicando a radio, o croma, o funcionamento da biblioteca e o funcionamento das aulas de infantil. Para esta explicación xs biblioaxudantes estiveran xa preparando unhas presentacións cos datos máis importantes de cada espazo creativo.

   Na biblioteca, xs biblioaxudantes tiñan preparada a información sobre a organización da mesma (CDU, calsificación dos libros de infantil, espazo creativo...), as actividades que facemos e todos os recursos e materiais que se poden utilizar nela. 

  No croma, había outro grupo de biblioaxudantes explicándolles como se utiliza esta técnica e as súas aplicacións didácticas. E entre explicación e explicación tiveron tempo para facerse algunhas fotografías e gravar un vídeo de tomas falsas.

  

   O laboratorio de radio foi un dos espazos que máis lles chamou a atención. Alí os biblioaxudantes encargados explicáronlles como se grava, como funciona o programa editor e responderon ás preguntas dunha pequena entrevista.

 
 
 
   Por suposto, a visita tamén incluía as aulas de Educación Infantil e a interactuación cxs máis cativxs do centro xa que ese principalmente será o seu traballo nun futuro.
 
  
  E como non ía ser todo traballar, puideron disfrutar todxs xunxs do pavillón e da biblioteca no tempo de recreo que tamén forma parte da realidade dos centros educativos.




 MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  VISITA,
ESPERAMOS  QUE  VOS  SIRVA  PARA  O  VOSO  FUTURO!!
 

 

      Para coñecer o punto de vista do alumnado que estivo no colexio podedes acceder ás publicacións que fixeron eles nos seus blog:

No hay comentarios:

Publicar un comentario