Hoxe celebramos a segunda sesión do club de letras de forma aprazada xa que o venres faltaba moita xente porque os virus andan moi activos polo colexio...
Nesta sesión comezamos a coñecer ás mulleres protagonistas do libro que estamos lendo: Galegas na ciencia escrito por Isabel Blanco e ilustrado por María Lapido.
Iria e Mencía, faláronnos de Ramona Vaamonde, farmacéutica e macrobióloga.
Yanira e Clarisse foron as encargadas de presentarnos a Ángela Ruíz Robles, mestra inventora do primero libro electrónico.
Coa exposición de Lola e Darío, coñecemos a Manuela Barreiro, farmacéutiva e primeira muller matriculada na Universidade de Santiago.
Con Javier e Diego subimos as estrelas para coñecer a Antonia Ferrín Moreiras, química, matemática e a primeira astrónoma galega.
Carlota e Germán, investigaron sobre Jimena e Elisa Fernández De La Vega, médicas e primeiras mulleres licenciadas en Medicina na Uversidade de Santiago; aínda que como Germán non puido vir ao cole, Darío foi o encargado de axudar a Carlota.
Libertad e Susana tiñan que falarnos de Celia Brañas, mestra e divulgadora científica; pero Susana tampouco puido vir ao cole así que Libertad expuxo o traballo ela soa.
Gareth e Cristian déronnos a coñecer a figura de Olimpia Valencia, primeira xinecóloga galega.
Para rematar, Julia e Dunia expuxeron o sue traballo sobre Isabel Zendal, primeira enfermeira da historia nunha expedición sanitaria internacional.
Unha sesión moi interesante na que mentres os diferentes membros do club ían expoñendo os seus traballos, os demais estivemos ben atentos para aprender e tomar notas sobre o que nos chamaba máis a atención de cada unha delas.
Estamos desexando que chegue a próxima reunión para coñecer a moitas máis científicas galegas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario