"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
Este curso retomamos o proxecto Cartas dende a ría co CEIP de Seara (Moaña) que comezamos o ano pasado.
E comezamos intercambiándonos postais de Nadal cheas de bos desexos para esta época do ano e para o próximo ano 2025.
MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS POSTAIS!!
O xoves día 19 tivemos na biblioteca a presentación do libro Até o vindeiro Nadal coa intervención da súa autora Inés Silva.
Unha parte importante da nosa identidade e da nosa cultura está formada pola tradición e a sabedoría popular que este curso se homenaxeará o Día das Letras Galegas xa que estará adicado ás cantigas tradicionais
Por iso quixemos recoller cantigas da nosa zona relacionadas co outono e para conseguilo pedimos a colaboracion das familias.
Nos seguintes audios e vídeos podedes escoitar as cantigas recollidas. A maioría son de tradición popular pero hai algunha inventada por algúns alumnos... quen sabe se chegarán a transmitirse de xeración en xeración!
Na primeira parte desta recompilación poderedes coñecer máis sobre o que son as cantigas e a súa tradición e escoitar a Alassane coa súa familia.
Na segunda parte, escoitaredes as cantigas de Ana, Alfonso, Ainhoa, Estrela e Noé tamén coas súas familias.
Rematamos cun vídeo que inclúe as demais cantigas, as de Daniela, Aldán, Carla Martínez, Candela, Alexia, Julieta, Leonor e a súa nai Cristina, Gabriel, Xiana, Valeria, Enzo e Erea.
Algunhas escoitarédelas varias veces porque varias familias achegaron a mesma cantiga o que quere dicir que son moi populares nesta zona.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS PORPARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE!!
O alumnado de Ed. Infantil estivo desenvolvendo un proxecto sobre o outono no que se incluía a aprendizaxe dun pequeno poema.
Primeiro estiveron taballando o poema na aula, despois gravárono na radio e, para finalizar, coas súas voces elaboramos este vídeo co que damos por rematado o outono e xa esperamos ao inverno.
Esperamos que vos guste!
Chegada a época navideña, as crianzas de Educación Infantil quixeron facer un adorno para levar as súas casas, así que organizamos un Taller de adornos de Nadal con arxila fría.
As mestras elaboraron unha masa moi sinxela que leva unicamente tres ingredientes: maizena, bicardonato e auga.
Na última sesión de As familias contan do ano 2024, estiveron na biblioteca Manuel Vázquez e a súa nai Noelia para compartir con nós o libro Ava e Papá Noel, de Maren Tjelta Thu.
Este libro é un álbum ilustrado que, a modo de calendario de advento, narra o que Alva e a súa familia fan durante esta época do ano.
Cando Papá Noel recibe o agasallo ponse moi contento e encargarse persoalmente do regalo de Alva.
Finalmente chega Noiteboa e é tan marabillosa como Alva imaxinara xa que todos disfrutan alegremente deste día mentres Papá Noel observa silandeiro o feliz que fixo a Ana co seu agasallo.
Ademais da historia, este libro conta con retos diferentes para cada día que o noso alumnado puido resolver.
Se vós tamén queredes escoitar esta fermosa historia de Nadal, podedes facelo no seguinte podcast.
MOITAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS UN ANO MÁIS
E BO NADAL PARA VÓS TAMÉN!!