Hoxe tivemos unha nova sesión da actividade As familias contan na que viñeron a contar varios familiares de César e Julieta: a súa avoa Ono, a súa nai Maryori e os seus primos Verónica e Vicente que ademais son ex-alumnos do noso centro.
Entre todos contáronnos a historia de El pequeño Elliot y su gran familia escrito por Mike Curato.
Elliot é un pequeno elefante de lunares de cores moi amigo do pequeno Ratoncito co que convive no circo.
Ratoncito está moi contento porque vai a ir a unha festa familiar cos seus pais, os seus avós, 15 irmáns, 19 irmás, 25 tías, 17 tíos e 147 primos, máis ou menos...
Cando Ratoncito marcha, Elliot síntese moi só porque el non ten ningún primo e decide saír a dar un paseo.
Mentres pasea polas rúas, Elliot ve moitas familias de tamaños diferentes, formas, tipos... pero segue sentíndose moi só...
Ata que comprende que el tamén ten unha familia... a familia de Ratoncito!! Porque este libro axúdanos a entender que as amizades son a familia que escollemos e que no corazón sempre hai sitio para un máis aínda que non haxa parentesco oficial
No hay comentarios:
Publicar un comentario