viernes, 29 de enero de 2016

SUPERLECTORES: CERTAME

Como sabedes o tema deste ano para o entroido será:

SUPERLECTORES:
O PODER DE LER!!

    Pero non hai heroe que non teña unha rima, un eslogan, un berro... significativo e nos non queremos ser menos.

    Por iso convocamos un CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA entre o noso alumnado.

    Necesitamos algo que nos identifique como os superheores que somos.

PRAZO DE ENTREGA: ata o mércores 03/02/2016

    Esperamos os vosos traballos.

CONTOS POLA PAZ con Teresa Grau

    Os contos son unha gran axuda para facer que os nenos e nenas reflexionen. Partindo desta premisa, hoxe, para conmemorar o Día da Paz contamos na biblioteca do colexio coa presenza da narradora Teresa Grau que a través de varias historias fixo que os nenos e nenas recapacitasen sobre os sentimentos contrarios á paz: medo, celos, rabia, ira... e nos deu algunhas pautas para loitar contra eles.

Por certo, sabíades que en Australia o animal que representa a Paz é o ornitorringo?  
Aquí podedes ver a Teresa contándonos o conto que o explica...

Outro dos contos foi ¡Julieta, estate quieta! que fala robre as relacións entre irmáns.

Entre conto e conto, chegamos ao final da sesión. O conto final foi A paz perfecta:   

Había unha vez un rei e unha raíña que ofreceron un gran premio ao artista que puidera debuxar a paz perfecta.

Moitos artistas o intentaron e presentaron as súas obras no palacio. O rei e a raíña observaron e admiraron todas as pinturas:


     Entre todas elas escolleron dúas que realmente lles gustaban. 

    A primeira era dun lago moi tranquilo. Este lago representaba un plácido lago cunhas montañas preciosas ao fondo; o ceo era moi azul e nel podíanse ver unhas nubes brancas. Todos os que miraron esta pintura pensaron que reflexaba a paz perfecta.

    A segunda pintura tamén tiña montañas pero estas eran escabrosas, o ceo era escuro e podía verse unha gran tormenta con raios e tronos, ademais montaña abaixo parecía retumbar un torrente de auga. Esta pintura non parecía nada pacífica.

 Toda a xente pensaba que os reis escollerían a primeira pintura, con aquel paisaxe tan tranquilo pero... eles escolleron a segunda!!

   Por que?

 Porque naquela pintura nada pacífica, os reis viron un delicado arbusto crecendo nunha roca e nese arbusto viron un niño: alí, en medio do ruído da tormenta e da cascada, estaba sentado plácidamente un paxariño... Entón o rei explicou:

"Paz non significa estar nun lugar sen ruídos, sen problemas, sen traballo duro ou sen dolor. Paz significa que a pesar de estar no medio de todas esas cousas, poidamos manter a calma no noso corazón. Ese é o verdadeiro significado da paz!"

    Os nenos e nenas saíron tan contentos da sesión que Teresa estivo firmando autógrafos. Esperemos que estes contos nos fagan reflexionar...

viernes, 22 de enero de 2016

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA

   Cargadiñas de materiais textuais, contidos multimedia e actividades viaxeiras, as mochilas viaxeiras de Primaria, empezan a súa andaina polas casas do noso alumnado esperando que vos axuden a disfrutar en familia do pracer da lectura. 
    Estas mochilas inclúen o diario da mochila, que é un caderno para a colaboración das familias; onde poderedes incluír as vosas opinións, reflexións, suxestións, fotos cos materiais da mochila, debuxos, textos... o que queirades relacionado co paso da mochila pola vosa casa.

    Tamén encontraredes o libro viaxeiro "Lectuvín vai de viaxe" este libro é un espazo para a creatividade no que cada alumno/a irá escribindo un texto que complete os dos seus compañeiros/as e unha ilustración que reflicta o ocurrido. 
   Esperamos que compartir estas mochilas e os materiais que inclúen, sexa un pracer para vós
 

jueves, 21 de enero de 2016

O NOSO PREMIO NA PRENSA

Os seccións locais dos xornais fixéronse eco do noso premio:
El Progreso, 21/01/2016
La Voz de Galicia, 21/01/2016

martes, 19 de enero de 2016

PREMIOS DO CONCURSO DE CONTOS "UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN"

    Xa chegaron os premios do XII Concurso Solidario de Contos "Un juguete, una ilusión" para os nosos finalistas de 1º e 2º de Primaria.


Aquí podedes ver a estes alumnos posando felices coa recompensa ao seu esforzo e traballo:






   O premio consistía en varios xoguetes de campaña mais unha copia do seu conto "Todos contra o cambio climático"

   
      Tamén houbo un agasallo para a biblioteca, un xogo de dominó de Rik e Rok, os protagonistas do conto.


lunes, 18 de enero de 2016

CERTAME DE POESÍAS E POSTAIS DE NADAL - 2015


    O venres día 15 / 01 / 2016 fíxose entrega na Biblioteca Pública Municipal de Sober dos premios correspondentes ao Certame de Postais e Poesías do Nadal 2015.


     O noso alumnado recolleu un premio á participación consistente nun diploma e nuns libros para a nosa biblioteca
   

Este acto foi recollido na prensa do día seguinte:
La Voz de Galicia, 16/01/2016

El Progresos, 16/01/2016