Como cada ano, desde a biblioteca convocamos un certame de investigación sobre a figura do autor homenaxeado nesa convocatoria.
Para o certame deste ano, entregámoslle ao alumnado de Primaria unha serie de preguntas sobre a súa vida e a súa obra de dificultade correspondente ao seu nivel.
Hoxe fixémoslle entrega aos "mellores investigadores" do premio correspondente: un exemplar de "A galiña azul"
Para saber máis sobre Carlos Casares, podedes consultar os seguintes enlaces:
- Seminario Galán: actividades interactivas sobre Carlos Casares, biografía, fotos...
- Actividades LIM: elaboradas polo equipo de biblioteca do CEIP Mestre Valverde Mayo
- Liña do tempo: Elaborada polos mestres do CEIP Condesa de Fenosa
No hay comentarios:
Publicar un comentario