Esta é unha proposta didáctica para traballar as familias de instrumentos musicais combinando o spinner e os escornabots.
Para comezar pegámoslle a cada parte do spinner un cartel co nome das familias de instrumentos que imos a trabllar: vento, corda e percusión e elaboramos un taboleiro con instrumentos musicais pertencentes a esas familias.
Como nos explican neste vídeo, un alumno colle o spinner e faino xirar. Mentres xira, cólleo por un dos extremos para paralo e saber que familia lle tocou.
Despois ten que facer xirar o spinner sobre a mesa, e antes de que se pare, conseguir levar o escornabot a un instrumento da familia correspondente.
Unha nova forma de traballar as familias de instrumentos!!
Moi boas ideas. Parabéns desde o CEIP San Francisco Xabier.
ResponderEliminar