O 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio e desde Rede ESPORA propuxéronnos colaborar nun programa común con outras radios escolares que tamén forman parte do Proxecto Radio na Biblio de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia baixo o lema SÍ A LA RADIO, SÍ A LA CONFIANZA proposto pola UNESCO.
Neste proxecto unímonos aos seguintes centros: CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal, CEIP Frián de Teis, CEIP Víctor Saénz de Mazaricos, CEIP Plurilingüe da Torre Cela de Bueu, CEIP da Pobra de Brollón, CEIP Rosalía de Castro de Lugo, CEIP Seara de Moaña, CEIP de Seixo (Marín), CEIP Manuel Masdías de Ferro e CEIP de Olveira (Ribeira).
Cada un dos centros tiña que gravar unha noticia falsa pero verosímil e despois aclarar o falso da noticia e a importancia de que os medios de comunicación contrasten as novas antes de emitilas pero tamén de que os que as escoitamos, lemos ou vemos; sexamos críticos con estas informacións.
Para iso recordamos a infografía publicada pola IFLA na que se nos achegan 8 aspectos importantes que deberiamos ter en conta á hora de valorar unha noticia.
Con todas as nosas colaboracións, os responsables de Rede Espora elaboraron o programa final que podedes escoitar a continuación:
MÁIS INFORMACIÓN: Día Mundial da Radio. Rede Espora
No hay comentarios:
Publicar un comentario