viernes, 25 de febrero de 2022

ÁBREME A PORTA QUE SON O ENTROIDO

     Neste venres de entroido tivemos no colexio un obradoiro de música e danza tradicional a través da ANPA do noso cole e de FAPACEL chamado "ÁBREME A PORTA, QUE SON O ENTROIDO" co grupo TROUPELEAR.

   Durante toda a tarde os nenos e nenas separados nos seus correspondentes grupos burbulla puideron bailar ao ritmo de pezas tradicionais galegas relacionadas co Entroido de diferentes zonas da nosa comunidade.


    Bailaron unha muiñeira corrida, un agarrado de entroido ("A miña compañeiriña") e unha Cabalgada tamén de Entroido recollida por Casto Sampedro mentres coñecían a personaxes típicos destas datas como as Madamas e os Galáns de Cobres.

  Despois fixemos un pasarrúas polo patio e polo corredor principal do colexio a ritmo dos toques de Folión de Viana do Bolo.

   E para rematar non podía faltar algo de fariña nesta festa de entroido tradicional!


MOITAS  GRAZAS  A  ANPA  POR  ESTA  ACTIVIDADE!!

Podedes ver todas as fotos deste obradoiro na GALERÍA  DE  IMAXES

1 comentario: