Hoxe tivemos no centro a Ramón Peña, membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais que veu a dar unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria a través do Plan Director.
Na charla empezou falándonos sobre as novas formas de comunicación a través de aplicacións tecnolóxicas e das confusións que se poden xerar entre as persoas xa que ao utilizar estas aplicacións non temos a persoa diante e deunos consellos para evitar malentendidos como que se alguén usa maiúsculas considérase que está enfadado ou berrando.
E sobre todo, ter en conta e lembrar que detrás da pantalla sempre hai unha persoa polo que cando dicimos algo a través destas aplicacións, non estamos falando con outra pantalla senón que estamos falando con alguén ao que lle poden facer dano os nosos comentarios.
Tamén nos falou sobre o grooming que se produce cando un adulto se fai pasar por menor para contactar con nenos ou nenas. Como el dixo, a familia sempre di que non falemos con descoñecidos pero en internet e nas redes sociais hai moita xente que nos pode falar a través de diferentes aplicacións así que algúns consellos para evitar este tipo de situacións serían:
- non utilizar un nome de usuario que revele a nosa idade ou ano de nacemento
- non mostrar os nosos gustos no perfil
- evitar mostrar información privada
- non enviar nin reenviar fotografías contidas.
- non aceptar agasallos nin quedar con descoñecidos
Para rematar deunos outro consello importante:
ANTE CALQUERA SITUACIÓN QUE NOS FAGA SENTIR MAL,
ACUDIR A UN ADULTO!!
Para máis información, podedes escoitar o seguinte podcast no que Darío e Gareth entrevistan ao noso invitado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario