viernes, 5 de mayo de 2023

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

   A través da ANPA do noso colexio, hoxe tivemos unha actividade sobre alimentación saudable para todo o alumnado coa que seguimos facendo fincapé nos obxectivos 2030.

   Nesta charla, Leticia Otero de Ángeles Novo Nutrición, faloulles primeiro sobre que é a saúde que poderiamos resumir dicindo que temos boa saúde cando o estado e o funcionamento do noso organismo é bo.


   Explicounos tamén que o  noso corpo necesita comer saudable e variado para obter a enerxía, as vitaminas e os minerais necesarios para crecer e manterse san.


     E para isto fixo actividades prácticas sobre como debería ser a composición dos nosos pratos á hora de comer, de como deberían ser os almorzos e as merendas e dos consumos aconsellables de cada tipo de alimento:



   Ademais de comer variado para que o noso corpo obteña todo o que necesita tamén é importante non comer aquilo que o prexudica como demasiado azucre ou graxa, fixándose ben nas etiquetas dos produtos e na súa composición.
 
 Para rematar coñecemos as posibles consecuencias dunha mala alimentación: sobrepeso, caries, posibilidade de enfermidades cando sexamos maiores como diabetes, colesterol, hispertensión...

 
Moitas grazas a ANPA por esta actividade. 
Esperamos que todos estes consellos non caian en saco roto!
 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario