Como cada ano, o Colectivo Lemos Le do que forma parte a nosa biblioteca, organiza unha xuntanza de confraternidade para fomentar o papel das bibliotecas escolares e municipais.
Esta décima xuntanza celebrouse no concello de A Pobra do Brollón xa que o Colectivo dedicará este curso á tradición oral (elixida como protagonista do Día das Letras Galegas 2025), concretamente ás regueifas e aos brindos que son tradicionais deste Concello.
Ademais puidemos coñecer o seu traballo de primeira man e decatarnos da importancia que ten o labor que están facendo para que non se esqueza toda a riqueza oral que teñen nese concello.
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario