lunes, 14 de octubre de 2024

XORNADA MICOLÓXICA

  Coas cestas preparadas e acompañados por Ramón Losada (micólogo da Asociación Micolóxida de Madrid), volvemos a realizar unha xornada didáctica sobre setas e cogomelos cos nenos e nenas do colexio.
 
 
   Nesta xornada saímos polos arredores do colexio para buscar as setas e os cogomelos e desfrutamos da natureza, das cores propias do outono e das explicacións de Ramón.


    Cunha boa colleita e coas cestas cheas voltamos ao colexio onde, coa axuda do micólogo e consultando libros sobre setas, diferenzamos as especies tóxicas (mantel vermello) das non tóxicas (mantel branco) e puxémoslles etiquetas cos seus nomes.
 
      Para rematar a xornada, Ramón fixo unha explicación sobre elas, as súas propiedades, os seus perigos, as súas partes, como diferenzalas...

     Pero a experiencia coas setas este ano non acabou aquí senon que ao día seguinte, Juan e Sefa (os nosos cociñeiros) prepararon todos os boletus reticulatus que colleitamos para acompañar o menú do comedor.
Estaban boísimos!!!
 


   Lembrade que na biblioteca temos moitos fondos sobre setas nos que poderedes ler historias ou contos de cogomelos, pero tamén libros nos que poderedes aprender moitas máis cousas sobre as setas.

 

 

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario