lunes, 4 de diciembre de 2023

MASA NAI

   Nesta avaliación desenvolvemos no centro o proxecto MASA NAI coa intervención da cooperativa Outonía, para promover a coeducación. Este proxecto foi organizado pola ANPA a través das axudas da Secretaría Xeral de Igualdade.

   A actividade recibe o seu nome da comparación do proceso de educación co proceso de fermentación desta masa e desenvolveuse en torno a catro liñas de actuación que simbolizan os ingredientes que se necesitan para elaborar masa nai:

  - A AUGA serían os obradoiros realizados co alumnado de Infantil e Primaria en torno á ruptura de estereotipos  de xénero e á sensibiblización e educación en favor da igualdade favorecendo o bo trato entre as crianzas, fomentando o pensamento crítico e previndo condutas machistas.


  - A FARIÑA é a liña que ten como eixe o patio entendido como lugar de aprendizaxe e socialización promovendo un uso non sexista do mesmo e incentivando o xogo cooperativo. Para iso recolléronse as ideas de alumnxs e mestrxs e deseñouse unha proposta de intervención no espazo físico que se levou a cabo de maneira colaborativa.

 
 
  - A SAL corresponde á formación das familias para promover un espazo de diálogo e intercambio entre as familias, dar a coñecer diferentes alternativas coeducativas e sensibilizar en torno á importancia da educación en igualdade de xénero.
 
 
 
- O ACEITE implicou a interacción entre o alumnado e a comunidade establecendo vínculos coa contorna.  Para o desenvolvemento desta liña contamos coa colaboración da BPM de Sober e da asociación O colado do vento da man de Paula Verao que estivo no centro falándolle ao alumnado de xogos doutras épocas e nos puxo a todos a xogar ao Pasemisí e á corda.
 


    Ademais Paula deixounos como agasallo o libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego.
 

Esperamos que os nenos e as nenas do cole aprenderan moito deste proxecto e que a partir de agora o pasen xenial cos distintos xogos que se fixeron no patio.




 
Para rematar, desde o centro queremos dar as grazas á ANPA por esta iniciativa e a todxs xs que colaboraron para que se puidera facer realidade. 
 
 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

     O 3 de decembro conmemórase o  Día Internacional  das Persoas con Discapacidade   desde que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 aprobou este día para concienciar sobre a situación destas persoas e para promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade.

 

   Esta obxectivo recóllese tamén nos obxectivos da Axenda 2030  Obxectivo 10: Redución das desigualdades.

  

 

    No centro quixemos conmemorar este día lendo o libro  A Marela ou amarela?  escrito por Manu Sobral e ilustrado por Manu Martínez.


    Os biblioaxudantes contáronnos esta historia na que a protagonista ten daltonismo, un problema de visión que fai que confunda algunhas cores.

    Despois reflexionamos sobre as consecuencias que este problema de visión pode ter para a vida diaria e puxemos en común outros problemas de visión que poden limitar a nosa vida: poden conducir os daltónicos? como combinan a súa roupa? e como farán para colorear un debuxo?


   A continuación deixámosvos unhas probas para que comprobedes se vedes ben os números e as formas agochadas; para facelas, teredes que seguir o enlace.

https://www.es.colorlitelens.com/images/tesztek/kids-test/colorblind-test-for-kids.html

https://www.es.colorlitelens.com/Ishihara-test-de-daltonismo

    Se vedes distinguístedes todo perfectamente, tedes unha visión estupenda; se non... teredes que ir ao oculista pero non vos preocupedes porque como di o conto...



jueves, 30 de noviembre de 2023

EXPERIMENTOS NA BIBLIO - 2023

 

   Novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas; por esta razón, o noso alumnado estivo facento durante este mes experimentos e outras experienciasn científicas que lles axudaron a ampliar o seu coñecemento sobre o mundo que nos rodea.

  Compartimos a continuación varios vídeos dos experimentos do alumnado de Primaria:






 

lunes, 27 de noviembre de 2023

CONCURSO DE CONTOS DE OUTONO

    O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun concurso de contos de outono organizado pola súa mestra de Lengua Castellana.

   Neste podcast poderedes escoitar os relatos gañadores de Antía Gago e Carlota Fernández.

FUMATAS: programa de prevención do tabaquismo

    Un ano máis, Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos, adicou tres sesións de traballo aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias.

    Nestes obradoiros o tema principal é o tabaco: composición, riscos, consecuencias, efectos... para intentar que os alumnos e alumnas adquiran hábitos e actitudes saudables e non cheguen a ser fumadores no futuro.

 


    Ademáis de darlles información sobre esta substancia, realizan experimentos nos que poden observar como o feito de fumar prexudica gravemente a nosa saúde.


 
  Tamén puxeron en común fórmulas para rexeitar os ofrecementos de tabaco e asinaron un contrato de compromiso no que se asinaron que non ían a fumar no futuro.


   Esperamos que estas sesións foran produtivas para concienciar ao alumnado sobre este problema de saúde antes de que cheguen a converterse en fumadores.


AS FAMILIAS CONTAN: Familia de ANXO

    Hoxe tivemos unha nova sesión da actividade As familias contan da man de Sabela, tía do noso compañeiro Anxo.


   Eles elixiron para compartir con nós o libro favorito de Anxo: A pantasma coas bragas rotas escrito por Jose Carlos Andrés.

  Todos os habitantes de Castrelo Pesadelo viven aterrorizados por A pantasma das bragas rotas que pasa todo o día asustándoos e non os deixa vivir nin durmir tranquilos.


    Para acabar con este problema reúnense todos na praza para decidir que facer coa pantasma e como solución ocúrreselles ir a falar con ela e dicirlle que xa está ben de tanto susto.

 

     Pero todos os que intentan ir a falar con ela acaban escapando mortos de medo! 

  Ata que a Fina, a avoíña, se lle ocurriu a solución perfecta!

Regalarlle unhas bragas novas!!

   A partir dese momento a pantasma deixou de asustar a todos; pero non para sempre porque cando se lle volven a romper as bragas, empeza a berrar outra vez: SON A PANTASMA DAS BRAGAS ROTAS!

   Eso si, agora os habitantes de Castrelo Pesadelo xa saben a solución: REGALARLLE UNHAS BRAGAS NOVAS!

    Se queredes escoitar completa esta historia, podedes facelo no enlace do podcast xa que Anxo e Sabela estiveron en Radiuvín para deixarnos o conto gravado.


MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  CONTARNOS  ESTA  HISTORIA  TAN  DIVERTIDA!

ESPERAMOS  VOLVER  A VERVOS  PRONTO NA  BIBLIOTECA!

GALERÍA  DE  IMAXES