Hoxe, 24 de febreiro, hai 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro e ata Google lle adica o doole ao seu aniversario ademais de agasallarnos cunha recompilación escollida de recursos sobre esta autora.
"Adios ríos, adios fontes,
adios regatos pequenos;
adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos."
Facendo click na seguinte imaxe de Rosalía; podedes acceder á súa web na que encontrarás moita información sobre ela e toda a súa obra
E no seguinte enlace un dos seus poemas máis coñecidos: Adios ríos, Adios fontes interpretado por Amancio Prada
Para que poidades coñecer mellor a esta autora propoñémosvos esta actividade LIM elaborado polo equipo de biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda:
E agora que xa coñeces mellor a Rosalía; podes realizar a actividade Eu son Rosalía proposta desde a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) na que se trata de completar a frase Eu son Rosalía porque / cando / para...
No hay comentarios:
Publicar un comentario