jueves, 29 de octubre de 2015

HALLOWEEN - SAMAÍN

   O día 31 de outubro festéxase a festa de Samaín ou Halloween; como non imos a estar no centro ese día, adiantamos a súa celebración.
 
    Este ano fixemos tres actividades diferentes: lectura e creación literaria de contos de medo e a exposición de cabazas.

        Lectura de contos de medo: durante toda a semana, tivemos o punto de interese cheíño de libros e contos adicados a esta celebración. Pero en vez de estar na biblioteca, estivo na entrada do colexio onde todo o mundo podía pararse a ver os libros para lelos nos tempos de ocio ou levalos en préstamo.
 
   
   Hoxe pola tarde, Ángel e Aroa alumnos de 5º e 6º de Primaria nos contaron ao resto do colexio o conto Os tres bandidos onde os bandidos acaban non sendo tan malos como parecían.

   
   

    Creación literaria: despois de reflexionar como os contos ás veces non teñen os finais esperados; propoñémoslle ao noso alumnado un desafío de creación literaria: partindo do principio do conto A bruxa tola de Josep Gregori, deberán rematar a historia utilizando o seu maxín. Esperamos que despois desta ponte, as historias que nos traian sexan sorprendentes.
 
 
   

  Exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos: unha das actividades que máis lles gusta aos nenos é a exposición de cabazas ou lucecús terroríficos. Aquí tedes unha foto da exposición deste ano e dos morcegos que elaboraron con material de refugallo. 

 

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario