sábado, 2 de abril de 2016

ADOPTA UNHA MASCOTA DE CONTO (2 - 04 - 2016 Día do Libro Infantil)

    Para conmemorar o Día do Libro Infantil que se celebra o 2 de abril por ser a data na que naceu Hans Christian Andersen, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) cada ano convoca un concurso relacionado con esta literatura no que participamos en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Sober.

   O concurso deste ano  foi "Adopta unha mascota de conto" no que os nenos e nenas tiñan que debuxar una animal que aparecese nun libro que leran e dar os motivos polos que o adoptaría.

   Deixámosvos un vídeo cos seus debuxos e os seus motivos para que vexades canto traballaron:



No hay comentarios:

Publicar un comentario