miércoles, 8 de junio de 2016

Traballando os ecosistemas cos escornabots na biblioteca

   A partir do tema dos ecosistemas traballado na asignatura de Ciencias Naturais; elaboramos tarxetas correspondentes á flora e á fauna de diferentes ecosistemas: un bosque, o mar e o deserto.

   A primeira tarefa foi buscar nos ordenadores da biblioteca  as imaxes para facer as tarxetas, imprimilas, recortalas e plastificalas:
 
   

    Con estas tarxetas fixemos dúas propostas:

1) Un neno coloca as tarxetas dun ecosistema no taboleiro e outros dirixen ao escornabot para que pase por todas elas ata chegar ao final:

 

    2) Engadimos tarxetas trampa pertencentes a outros ecosistemas. Os nenos deben dirixir ben ao escornabot para que non pase por elas:

No hay comentarios:

Publicar un comentario