Este ano, a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia contou co noso centro para a organización dunha ponencia nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares; concretamente na parte referida a Experiencias salientables no tratamento de distintos ámbitos de actuación na Biblioteca Escolar.
Nestas xornadas, que foron inauguradas conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participaron máis dun milleiro de mestres.
Para nós é un orgullo esta elección xa que recoñece a nosa labor e o noso traballo durante os últimos anos; unha labor que está dando froitos tanto no ámbito académico onde o alumnado está a obter mellores resultados; como noutros ámbitos externos ao centro onde os alumnos e alumnas acadaron varios premios a nivel provinvial e nacional.
Para min, como mestra encargada do Equipo de Biblioteca, foi unha honra
representar ao colexio e compartir o noso traballo ante mestres de toda Galicia baixo o título A biblioteca día a día: actividades e recursos. A continuación un momento da ponencia e o enlace á presentación que serviu de guión para ela.
Para rematar, desde o Equipo queremos dar grazas a todas as persoas que colaboraron con nós na posta en marcha e no funcionamento deste proxecto de biblioteca:
- aos mestres e mestras provisionais e itinerantes que pasaron polo noso colexio nestes cursos;
- ás familias e á ANPA que sempre que lles pedimos axuda e colaboración, nola conceden;
- ao Concello de Sober sempre disposto a apoiarnos,
- a Julia Fernández Garza, bibiotecaria da BPM de Sober pola súa axuda e polo seu ánimo en momentos de desconcerto
- e as mestras encargadas das Bibliotecas Escolares da nosa zona que levaban máis tempo no PLAMBE e que colaboraron con nós para que a nosa biblioteca formara parte desta rede; destacando o apoio de Celsa Varela e Dora Fernández.

Algúns momentos das xornadas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario