Cada ano facemos novos adornos para a nosa árbore de Nadal e cada ano queremos que estes adornos estén relacionados coa Biblioteca e coa reciclaxe ou reutilización; os de este Nadal están feitos con follas de xornais, folletos e papeis de agasallo reutilizados.
O primeiro é cortar anacos cadrados destes papeis que colorearemos, dobraremos a metade e pegaremos entre si formando un pequeno libro. Despois debuxamos e cortamos un adorno que sexa simétrico e abrimos o noso agasallo para formar un círculo con el.
Aquí podedes ver a algúns dos máis cativos do cole, colgando os seus adornos
Agora a árbore de Nadal loce así de fermosa
No hay comentarios:
Publicar un comentario