Para rematar a actividade As familias contan deste curso, hoxe foi a quenda da familia de Laura Gómez.
Ela e a súa nai Flora (a profesora de música) foron as encargadas de contarnos o libro O oso e o piano de David Litchfield.
Laura fixo do pequeno oso tocando o piano, mentres Flora leu a historia dun osiño que atopou no bosque algo que non vira nunca: un piano!
Co tempo, o oso aprendeu a tocar e a súa extraordinaria habilidade
converteuno nunha gran estrela. Conseguiu fama, fortuna e toda a
música do mundo, pero botaba de menos aos seus amigos e á familia que
deixara atrás.
Unha experiencia moi diferente pero tan gratificante
que seguro que repetiremos o próximo ano!
No hay comentarios:
Publicar un comentario