Hoxe rematamos as sesións de programación para os alumnos de 1º e 2º de Primaria que aproveitaron ata o final e non deixaron nin un momento de aprender e desfrutar programando buzos, peixes, cabaliños de mar... nun fondo mariño que resultou moi movido e incluíndo as súas fotografías nos personaxes que interactúan, voces, cambiando de escenario: un montón de ordes coordinadas que foron capaces de facer!!
A historia comeza cando un dos membros do grupo vai en barca a recoller aos outros para ir ao fondo de mar a bucear entre peixes, caranguexos, estrelas de mar...
Para levar un recordo desta actividade, Elías e Rocío entregáronlles aos nenos e nenas un chaveiro co logo de scrath que imprimimos na 3D a partir dun deseño de jfrutoses ao que podedes ver desde aquí https://www.thingiverse.com/thing:1166665
COMO SEMPRE, MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
UN PRACER CONTAR CON FAMILIAS COMO A VOSA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario