lunes, 19 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS 2020: Yolanda Castaño

    Hoxe 19 de outubro, conmemoramos no colexio o Día das Escritoras que é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas coa intención de reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

    Co lema "O esforzo cotián das mulleres" desde a biblioteca do colexio en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal quixemos dedicarlle este día á escritora galega  YOLANDA  CASTAÑO  ilustrando e recitando algúns poemas do seu libro Verdedades (Ed. Biblos).


   No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo da súa biografía, o traballo que realizaron os nosos alumnos e alumnas cos seus poemas e tamén unha sorpresa final...

 
   Outro dos libros que traballamos foi Punver (Ed. Galaxia), un libro no que a autora conta as aventuras dun pequeno punki vermiño que non ten mal corazón pero é un desastriño. (Música: Frogs Legs Rag by Kevin MacLeod - licencia Creative commons- Efectos sonoros: recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/

   Para coñecer a historia de Punver podedes escoitar o seguinte podcast no que Dunia e Julia narran as  aventuras do vermiño nunha emisión de Lecturradio, o programa para escoitar lecturas na nosa radio.

 

 
       Para completar esta conmemoración tamén queremos compartir con vós unha escolma de textos de escritoras galegas feita pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, na que poderedes encontrar textos das autoras nomeadas no vídeo: RECOMPLILACIÓN  DE  TEXTOS  DE  ESCRITORAS  GALEGAS.


     E antes de rematar esta data, queremos darlle MOITÍSIMAS  GRAZAS  A  YOLANDA  CASTAÑO   POLO  CARIÑO  CO  QUE  RECIBIU  A NOSA PROPOSTA  E  POLO  SEU  VÍDEO  QUE  TANTA  ILUSIÓN  LLE  FIXO  AO  NOSO  ALUMNADO: 
UNHA  APERTA  MOI  GRANDE  DESDE  SOBER!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario