jueves, 6 de mayo de 2021

OS NOSOS SISTEMAS SOLARES

O alumnado de  3º e 4º curso de Educación Primaria realizou un proxecto sobre o  Sistema Solar  e, para coñecer e interiorizar mellor moitos dos contidos traballados na materia de Ciencias Socias elaboraron estas marabillosas maquetas.



Desfrutaron moito mentres compoñían as súas creacións e, a nosa biblioteca, reloce aínda máis bonita con estas verdadeiras obras de arte. Algunhas son colgantes, outras brillan na escuridade… Ata tivemos a vistita dun pequeno extraterrestre chegado de Urano!!


 
Ademais, elaboramos un vídeo con toda a información descuberta durante este tema. Esperamos que vos guste moitísimo!
 
 
 

Xa estamos listos para despegar rumbo ao espazo!!! Acompáñasnos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario