viernes, 14 de mayo de 2021

DÍA DA FAMILIA

    O 15 de maio conmemórase o  Día Internacional das Familias, esta data creouse para concienciar sobre o seu papel fundamental na educación dxs fillxs desde pequenos e sobre as oportunidades de aprendizaxe que se dan nela independentemente das características de cada familia.

   En Educación Infantil traballaron o concepto de familia a través do libro  Un puñado de botones  de Carmen Parets Luque que trata sobre a diversidade familiar facendo reflexionar sobre que non todas as familias son iguais senón que cada familia é diferente, única e especial: que tipos de familias existen? Que cousa especial fai que sexan familia?


    Ademais da lectura, este libro propón que cada nenx debuxe á súa familia e nós queremos compartir as familias tan variadas que fixeron xs alumnxs de Infantil A.

   Se queredes escoitar o conto, podedes ver esta adaptación ao galego feita por Orientación Sionlla.


FELIZ  DÍA  DAS  FAMILIAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario