Xa fai algún tempo que tiñamos pendente contestarlle aos nosos amigos e amigas do colexio de A Pobra do Brollón pero... este ano é tan estraño!
No seu último programa radiofónico, xs nenxs de A Pobra falábannos dos ríos que pasan polo seu concello e preguntábannos polos que pasaban polo noso.
Para preparar o programa, primeiro estivemos investigando un pouco sobre os nosos regatos e ríos a través da rede e dos libros sobre o noso concello que temos na biblioteca e despois falamos coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil que nos proporcionou un mapa da rede fluvial de Sober e nos dirixiu á cartografía da súa páxina web (se queredes acceder, clickade aquí ou na imaxe e despois poñede Sober no buscador).
Cando xa tiñamos toda a información, quixemos esperar un pouco para ver se a situación sanitaria nos permitía facer unha saída e coñecer os ríos e os regatos de primeira man pero xa sabedes que os protocolos seguen máis ou menos igual así que de momento a excursión quedará en espera.
O que si que podemos facer é compartir imaxes dos nosos ríos e regatos para que cando escoitedes o programa vos fagades unha idea do que vos estamos falando:
Miradoiro de Santiorxo |
Miradoiro do Xábrega |
Fervenza de Os Chancís |
Embarcadoiro de Os Chancís |
Desembocadura do Cabe no Sil |
Ruta Muíños do Xábrega |
Agora xa podedes escoitar o noso programa para aprender moitas cousiñas sobre a rede fluvial de Sober e a importancia que ten para o noso Concello.
Esperamos que esta emisión vos parecese tan interesante como a nós.
Agardamos escoitar a vosa próxima emisión para saber das festas e celebracións do voso Concello!
ATA PRONTO!!!!
FONTES:
No hay comentarios:
Publicar un comentario