No mes de outubro, os alumnos de 5º e 6º viaxaron cos seus billetes virtuais ata o mismísimo México.
Aprenderon e realizaron moitas actividades relacionadas con este país tan impresionante:
- no recuncho do proxecto de México aprenderon a súa localización xeográfica, a súa densidade de poboación, a capital e as cidades máis importantes, as súas fascinantes pirámides maias e aztecas, os incribles cenotes, a pintora Frida Khalo...
- En Plástica, debuxaron a súa bandeira e realizaron a manualidade da " Catrina" para comprender mellor a festividade máis importante de México: "Día de Mortos".
- Realizaron unha videoconferencia con Pedro José Gutierrez Carrasco, un profesor español residente en México desde hai 9 anos e actual profesor da universidade TEC. Os alumnos e alumnas realizáronlle unha serie de preguntas que prepararan relaciondas con México e a vida alí e terminaron encantados con todas as cousas que lles contou Pedro de primeira man sobre a súa vida en México DF.
- No comedor puideron ter un menú típico de México probando os tacos picantes.
- E para rematar o proxecto, realizaron un quizizz final no que tiñan que demostrar todo o aprendido sobre México e conseguiron un precioso chaveiro dunha catrina.
Cantas cousas novas estamos a aprender!
E agora...cal será o noso próximo destino?
No hay comentarios:
Publicar un comentario