jueves, 11 de noviembre de 2021

"COMPRENDO O QUE LEO" E "TÉCNICAS DE ESTUDO"

     A través da ANPA todo o alumnado do centro participará durante dúas sesións mensuais neste proxecto para mellorar a comprensión e o traballo coa información incluíndo conceptos como os condicionantes físicos e psíquicos do estudo, técnicas de estudo (esquema, resumen, mapa conceptual...), organización e planificación das tarefas, comprensión e  eficacia lectora, motivación cara o estudo...

    O obxectivo é que o alumnado desenvolva un programa de técnicas de estudio integral que lle permita adquirir e desenvolver estratexias de atención cognitivas e metacognitivas, valores, actitudes e capacidade de traballo e reflexión.

    As seguintes imaxes pertencen á primeira sesión realizada o xoves 11 de novembro, esperamos que o noso alumnado lle saque moito proveito a estes talleres!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario