martes, 9 de noviembre de 2021

CURSO RCP ESCOLAR

       A través da ANPA tivemos na biblioteca un curso de RCP Escolar. 

    Neste curso o alumnado puido aprender o que son os primeiros auxilios e conceptos básicos adecuados á súa idade. Así os nenos e nenas de infantil e de primeiros cursos de primaria escoitaron a historia "La abuela de Marina" (ler aquí) que é unha historia infantil relacionada co protocolo RCP e despois aprenderon a canción "Una persona malita" que é unha versión da canción infantil Había una vez un barquito chiquitito na que aprenden a técnica da RCP cun peluche e memorizan o número de emerxencias 112.

     No seguinte enlace podedes escoitar a canción tantas veces como queirades:


    Na súa quenda o alumnado de 4º, 5º e 6º aprendeu que son os primeiros auxilios (os primeiros coidados que se lle dan a unha persoa cando sofre un accidente, unha ferida, un ataque...), a súa importancia e como poden eles levalos a cabo.

     Comenzaron coñecendo o protocolo PAS: Protexer(se), Avisar e Socorrer. 

    Seguindo o protocolo o primeiro que temos que facer cando nos encontramos nunha situación de emerxencia é protexer ao ferido e protexernos a nós mesmos se estamos nunha estrada, na rúa, nun lugar onde haxa moita xente...

  O segundo avisar ao adulto que estea connosco e se non estamos con ningún adulto, chamar inmediatamente ao teléfono de emerxencia para que nos guíen e nos indiquen o que temos que facer.

   Por último Socorrer seguindo o que nos indiquen no teléfono de emerxencia.

    Tamén aprenderon a importancia da maniobra frente - mentón para a apertura das vías aéreas e mentres, VER se move o peito ao respirar, OÍR achegando a orella a súa cara para escoitar os sons da súa respiración e SENTIR o alento na nosa cara (VOS) para saber o grado de consciencia do enferm@.

 

   Para rematar, aprenderon a facer comprensións torácicas co boneco Paco e a colocar á persoa socorrida en posición de seguridade cando recupere a respiración.

 

   Esperemos que xs nosxs nenxs nunca se vexan na situación de ter que poñer en práctica estes coñecementos pero se fose necesario xa teñen unha pequena formación!

    MOITAS  GRAZAS Á ANPA POR  ESTA  ACTIVIDADE  TAN  IMPORTANTE!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario