Seguindo algúns dos modelos que nos mostrou Paola Guimeráns cando estivo no colexio, hoxe estivemos dándolle luz á estrela sen nome do poema escrito por Manuel María que pertence ao libro Os soños na gaiola.
Primeiro elaboramos o modelo de circuíto en papel utilizando libre office; neste modelo sinalamos o lugar da pila e do led coa colocación correspondente dos polos e o trazado que deberá facer o adhesivo de cobre que conducirá a electricidade.
Despois pegamos o adhesivo de cobre seguindo o trazado.
Unha vez que temos o adhesivo colocado, colocamos o led e a pila respectando sempre a polaridade para que funcione e suxeitamos con adhesivo transparente. Hai que ter coidado ao suxeitar a pila non cubrir toda a superficie con adhesivo porque se non, o fío de cobre non pode facer contacto.
Agora que xa temos o circuíto funcionando, quédanos decorar a nosa creación para o que utilizamos adhesivos de estrela e purpurina dourada.
Mirade que fermosos quedaron!!
Para rematar podedes escoitar o poema que eles mesmos gravaron nos estudos de Radiuvín!
No hay comentarios:
Publicar un comentario