Dende a materia de INEIN estamos a traballar diferentes plataformas e recursos en liña gratuítos que servirán ao noso alumnado de 6º curso na súa futura andaina no instituto de educación secundaria.
Nas seguintes fotografías podedes ver como, neste caso, estamos a traballar o correo electrónico empregando o servizo Gmail.
Comenzamos explicando o concepto e a orixe do correo electrónico, coñecendo tamén o termo en inglés (e-mail). Aprendimos cales son as súas partes e que tipos de correos existen, agora xa sabemos cal é o rexistro que debemos empregar dependendo dos destinatarios aos que enviemos o correo.
A continuación, estivemos a facer diferentes actividades prácticas para interiorizar os conceptos e, finalmente, cada alumn@ tivo que redactar o seu propio correo formal incluíndo un archivo adxunto. Esta era a tarefa final, que lles servirá de gran axuda para a súa próxima etapa educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario