Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Daviña Rey, acompañados polos seus mestres Lisa Dios e Xavier Viana, estiveron hoxe na biblioteca do centro desenvolvendo unha sesión de narración oral coordinada pola BPM de Sober e dirixida aos nenos e nenas de Educación Infantil do noso colexio.
Así, o alumnado de infantil puido desfrutar de contos moi diversos:
Chibos, Chibóns de Olalla González |
Corre, corre cabaciña de Eva Mejuto |
Maruxa de Eva Mejuto |
Unha sesión moi divertida e entretida da que os nosos nenos e nenas non perderon detalle xa que estiveron moi atentos a todos os libros que lles leron.
Despois os nosos invitados tamén pasaron polos estudos de Radiuvín para respostar ás preguntas de Pau e Pilar sobre esta actividade e compartir con todos os que os queirades escoitar, un dos seus contos.
MOITAS GRAZAS POR ESTA SESIÓN DE CONTOS!!
ESPERAMOS VOLVER A VERVOS PRONTO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario