A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de
Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, UNHA BIBLIOTECA
ESCOLAR EN VIÑETAS, quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a
banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe
curricular.
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra de Jorge Campos ilutrador,
arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das
nosas bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van de man en
man da comunidade educativa.
Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis
protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para
seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira
alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos
ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un
espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o
desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario