jueves, 19 de diciembre de 2024

CARTAS DESDE A RÍA - Nadal 2024

   Este curso retomamos o proxecto Cartas dende a ría co CEIP de Seara (Moaña) que comezamos o ano pasado.

  E comezamos intercambiándonos postais de Nadal cheas de bos desexos para esta época do ano e para o próximo ano 2025.


   Coma noutras ocasións, recibir esta correspondencia dos nosos amigos e amigas de Moaña fíxonos moita ilusión!

 




MOITAS  GRAZAS  POLAS  VOSAS  POSTAIS!!


ATÉ O VINDEIRO NADAL

   O xoves día 19 tivemos na biblioteca a presentación do libro  Até o vindeiro Nadal  coa intervención da súa autora Inés Silva.


 
     A autora contoulles aos nenos e ás nenas a motivación para escribilo e leulles o principio da historia para despois invitar a algúns deles a compartir a lectura.
 
 
 
 
  Ademais o libro está editado por Peruchela Edicións e durante a presentación tamén nos acompañou a súa editora para falarnos sobre o proceso que vai desde a escritura ata que o libro está dispoñible nunha libraría e como se lles ocorreu a idea de publicar o libro en formato reversible por un lado en galego e outro en castelán.

    Moitas grazas a Peruchela Edicións por esta actividade tan interesante que rematou cunha rolda de preguntas á autora que nos animou a compartir e vivir a maxia do Nadal durante todo o ano.


CANTIGAS DE OUTONO

   Unha parte importante da nosa identidade e da nosa cultura está formada pola tradición e a sabedoría popular que este curso se homenaxeará o Día das Letras Galegas xa que estará adicado ás cantigas tradicionais

   Por iso quixemos recoller cantigas da nosa zona relacionadas co outono e para conseguilo pedimos a colaboracion das familias.

  Nos seguintes audios e vídeos podedes escoitar as cantigas recollidas. A maioría son de tradición popular pero hai algunha inventada por algúns alumnos... quen sabe se chegarán a transmitirse de xeración en xeración!

  Na primeira parte desta recompilación poderedes coñecer máis sobre o que son as cantigas e a súa tradición e escoitar a Alassane coa súa familia.


   Na segunda parte, escoitaredes as cantigas de Ana, Alfonso, Ainhoa, Estrela e Noé tamén coas súas familias.




  Rematamos cun vídeo que inclúe as demais cantigas, as de Daniela, Aldán, Carla Martínez, Candela, Alexia, Julieta, Leonor e a súa nai Cristina, Gabriel, Xiana, Valeria, Enzo e Erea.

 Algunhas escoitarédelas varias veces porque varias familias achegaron a mesma cantiga o que quere dicir que son moi populares nesta zona. 

MOITAS  GRAZAS  A  TODAS  AS  FAMILIAS  POR

PARTICIPAR  NESTA  ACTIVIDADE!!


martes, 17 de diciembre de 2024

EL OTOÑO (Ed. Infantil)

 O alumnado de Ed. Infantil estivo desenvolvendo un proxecto sobre o outono no que se incluía a aprendizaxe dun pequeno poema.

  Primeiro estiveron taballando o poema na aula, despois gravárono na radio e, para finalizar, coas súas voces elaboramos este vídeo co que damos por rematado o outono e xa esperamos ao inverno.

Esperamos que vos guste!

 




sábado, 14 de diciembre de 2024

TALLER DE ADORNOS DE NADAL

 Chegada a época navideña, as crianzas de Educación Infantil quixeron facer un adorno para levar as súas casas, así que organizamos un Taller de adornos de Nadal con arxila fría.

  As mestras elaboraron unha masa moi sinxela que leva unicamente tres ingredientes: maizena, bicardonato e auga.

  Primeiro os nenos e nenas puideron manipular a arxila descubrindo a súa textura e dándolle multitude de formas diferentes.



Despois, coa axuda duns cortapastas, as crianzas foron dándolle forma aos seus adornos.  
 


    Unha vez rematados fixéronlles un burato cunha palliña para logo poder colgalos e deixáronse secar durante un par de días.
   
    Pasado ese tempo chegou o momento de decoralos con pintura.

    

E así de bonitiños quedaron unha vez rematados!   




  

viernes, 13 de diciembre de 2024

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Manuel Vázquez

   Na última sesión de As familias contan do ano 2024, estiveron na biblioteca Manuel Vázquez e a súa nai Noelia para compartir con nós o libro Ava e Papá Noel, de Maren Tjelta Thu.

  Este libro é un álbum ilustrado que, a modo de calendario de advento, narra o que Alva e a súa familia fan durante esta época do ano.


    Entre eles decoran, empaquetan agasallos, escriben postais, fan manualidades, aldeas de xenxibre e doces típicos do Nadal...


   Pero no medio de tanta actividade, Alva decátase de que Papá Noel entrega agasallos a todo o mundo e ninguén lle dá un agasallo a el; por iso ela decide enviarlle un agasallo coa súa carta.

   Cando Papá Noel recibe o agasallo ponse moi contento e encargarse persoalmente do regalo de Alva.

    Finalmente chega Noiteboa e é tan marabillosa como Alva  imaxinara xa que todos disfrutan alegremente deste día mentres Papá Noel observa silandeiro o feliz que fixo a Ana co seu agasallo.


   Ademais da historia, este libro conta con retos diferentes para cada día que o noso alumnado puido resolver.  

Se vós tamén queredes escoitar esta fermosa historia de Nadal, podedes facelo no seguinte podcast.

MOITAS  GRAZAS  POR  ACOMPAÑARNOS  UN  ANO  MÁIS

E  BO NADAL  PARA VÓS TAMÉN!!

 GALERÍA  DE  IMAXES