A Real Academia Galega de Belas Artes, declarou o 1 de abril como "Día das Artes Galegas" para exaltar, divulgar, promocionar e sensibilizar sobre as artes da nosa comunidade. Para conmemorar este día centrámonos na figura de Maruja Mallo xa que estivemos investigando e traballando moito sobre ela e a súa arte como podedes comprobar na exposición que temos no corredor principal do centro.
Nesta exposición podedes ver as versións que realizamos de varios dos seus cadros:
As crianzas de infantil recrearon "Máscaras"
O alumnado de 1º e 2º de primaria, "Naturaleza viva"
Os nenos e as nenas de 3º de Primaria, reproduciron "Canto de las espigas"
Podedes ver un resumo do traballo realizado coa explicación e contextualización das obras no seguinte vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario