Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas que desde 1997, se conmemora o 24 de outubro, co "obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao traballo dos bibliotecarios/as".
Na nosa biblioteca foi un día moi completo con moitos agasallos e sopresas por descubrir. Un día para aprender, compartir e demostrar que a biblioteca é moito máis que un lugar cheo de libros: é un espazo para ler, explorar, investigar e vivir grandes aventuras.
Comezamos coa entrega de agasallos aos participantes no recto lector do verán destinado a todo o alumnado de infantil e primaria do colexio. PARABÉNS a todas as nenas e a todos os nenos que gozaron da lectura durante as vacacións e decidiron compartilo con nós!
Despois fixemos un xogo de retos para comprobar canto aprenderon os nenos e as nenas na formación de usuarios. Para superar estes retos e conseguir a chave que abría a maleta cargada de sorpresas, cada equipo formado por alumnos e alumnas de todos os cursos de primaria e de infantil, tiña que superar diferentes probas adecuadas a súa idade relacionadas coa CDU, coas etiquetas dos libros, coa busca de información na biblioteca, coa organización de fondos da biblioteca, coa consulta no catálogo Koha...
Para isto preparamos un divertido photocall conmemorativo polo que pasaron todas as crianzas do colexio, deixando unha morea de sorrisos e bos recordos desta xornada tan especial.
Podedes ver todas as fotografías da celebración e do photocall na seguinte ligazón:
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario