Comeza unha nova aventura lectora!!
Nesta primeira sesión do club de lectura reunímonos para dar a benvida a todos os seus membros e convidalos a formar parte dun novo ano cheo de libros, de historias e de momentos compartidos.
A continuación chegou o momento de coñecer un pouquiño mellor o seus gustos lectores para intentar que esta aventura sexa o máis satisfactoria posible para todos.
Por iso os membros novos cubriron unhas enquisas iniciais nas que puideron contarnos que lles gusta ler, por que len, con que frecuencia o fan e cales son as súas preferencias lectoras; mentres que os que continúan desde o curso pasado tiveron ocasión de facer balance da experiencia: valoraron os libros que lemos, contáronnos que foi o que máis e o que menos lles gustou e compartiron as súas opinións e propostas para este novo ano.
Despois chegou o momento máis esperado: a presentación da nosa primeira lectura!
O libro escollido para comezar esta aventura é Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas. Pero... por que parece que repartimos dous libros diferentes ? Por que hai dúas portadas diferentes? Esta diferenza serviu para empezar aprendendo algo novo: que son as edicións e as reimpresións.
E para ir abrindo boca lemos as primeiras páxinas nas que Eleonora, a vampira protagonista, se dirixe directamente aos lectores cun ton moi divertido e cheo de humor. Unha introdución que nos deixou con ganas de saber máis e cunha tarefa: reflexionar sobre os nosos propios medos.

%20%20(2).jpg)
%20(3).jpg)
%20%20(3).jpg)
%20%20(4).jpg)
%20%20(5).jpg)
%20%20(6).jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario